Que podemos observar dende a fiestra da clase? Describe o que ves. Que tipo de paisaxe temos diante de nós? Que cualificativos
elixirías para definilo (podes usar varios ou mesmo propor ti algún máis): espazo caótico, espazo ordenado, moita calidade, pouca calidade, atractivo, repulsivo, gris, vivo,
seguro, inseguro, pobreza, riqueza, bonito, feo, espazo duro, espazo amable, ruidoso, tranquilo ... ? Por que elixiches eses cualificativos?
Algún alumno/a vive neste barrio? Se a resposta é afirmativa, que vantaxes e que inconvenientes ten vivir aquí?
No caso de non haber ningún alumno vivindo no barrio: Poderíamos imaxinar os aspectos positivos e negativos de vivir aquí?
Que elementos abióticos, bióticos e antrópicos vemos pola fiestra? Cal credes que é o elemento dominante? Credes que o feito de que o barrio sexa atravesado por un río é
algo positivo? Por que?
Dirías que é unha imaxe de gran calidade paisaxística? Por que? Dirías o contrario? Por que?
Observa estas imaxes antigas do barrio e compáraas coas actuais:
Usarías os mesmos cualificativos de antes para definir as imaxes antigas? Por que ? Cres que a fisonomía do barrio mudou un pouco,
bastante ou moito?
A que cres que se deben esas transformacións?
Tendo en conta como era o barrio antes, que elementos actuais cres que están alterando, para mal, a estampa urbana? Por que?
Que aspectos te sorprenden nas imaxes vellas deste espazo?
Que reflexión te suxire o feito de ver nenos bañándose no río? Cres que se compren as mesmas condicións na actualidade? Por que? Pescuda na prensa se hai verquidos no río Gafos e onde se
producen?
Se falamos do río Gafos, busca información sobre el. Pescuda onde nace, a súa lonxitude, as parroquias que percorre antes de chegar á súa desembocadura e a procedencia do seu nome.
Na outra imaxe antiga vemos mulleres lavando. Os lavadoiros eran lugares de encontro das mulleres, as encargadas de lavar a roupa; sabías que antigamente eran lugares moi concorridos? Pescuda
nas razóns polas que elixiron ese lugar para establecer o lavadoiro? Que aproveitan? Pescuda cando se xeraliza o uso das lavadoras nas casas.
Un espazo, un sitio, pode ser un punto de atracción, pero ao perder a súa función orixinal queda esquecido polo tempo, cres que isto lle pasou a este lugar? Dende cando cres que entra en
decadencia?
Na antigüidade, os ríos eran moi importantes porque proporcionaban aprovisionamento de auga, eran fontes de enerxía natural para mover os muíños fariñeiros e como acabamos de ver, eran
lugares de encontro para lavar a roupa, porén hoxe perderon esa función. En que se traduce esa perda de importancia? En que cres que se converteu este río?
7. Observa esta imaxe
Recoñeces na fotografía antiga algunha construción que perdure na actualidade.
Sabes cal podería ser a función desas construcións? Pescuda sobre o funcionamento das mesmas. Que importancia podería ter a súa existencia?
A transformación do barrio visto desde esta perspectiva é moi potente. Sabendo como era, cres que se fixo ben esa transformación? Por que? Xogando cos anteriores adxectivos, como
cualificarías esta imaxe?
Na fotografía antiga, as casas que se ven nun segundo plano corresponden coa actual rúa de Rosalía de Castro. Vendo o tipo de inmobles dirías que o tecido da cidade chegaba ata aquí ou non?.
Pescuda a poboación que tiña Pontevedra a comezos do século XX.