Neste apartado, subdividido nun enfoque técnico e outro artístico, traballaron os profesores do Departamento de Educación Plástica e Debuxo Técnico, Carmen Pernas Lorenzo e Jaime Rodríguez Abilleira.
O traballo de Carmen Pernas céntrase na parte artística e creativa do proxecto. Traballou co alumnado de 1º e 2º de bacharelato na creación dunha serie de composicións pictóricas coas que se podería paliar o efecto negativo de ver unha parede medianeira sobre as construcións máis emblemáticas do barrio.
O traballo de Jaime Rodríguez está encadrado nun estudo e representación planimétrica dos usos do solo, da altura dos edificios, da localización de elementos patrimoniais... como paso previo ao deseño dunha serie de actuacións que poderían mellorar o barrio e a inserción do instituto nese mesmo espazo.